50 títulos máis lidos nos Clubs de Lectura. Curso 2017/2018
Da lectura desta táboa poden xurdir moitas preguntas:
Que criterios de selección segue o profesorado encargado dos clubs de lectura?
Por que obras orixinais en galego se están a ler en castelán?
Por que obras internacionais traducidas ao galego se están a ler na tradución en castelán? Non é de calidade o sector da tradución en Galicia? Dende o ensino público non se considera necesario colaborar co desenvolvemento do sector da tradución en Galicia?
A proporción de clásicos da literatura é a desexable?
Agustín Fernández Paz formaría parte dos clásicos da literatura galega nunha análise de lecturas? Ata que altura no tempo chega a literatura clásica galega?
Podemos falar de diversidade lectora (50 títulos para 603 grupos de lectura / 5 autores para 207 grupos / 1 autora* para 88 grupos)? *Vaia por diante que no fenómeno Ledicia Costas eu o que vexo é unha magnífica oportunidade para o medre da nosa masa lectora.
Debemos utilizar os mesmos criterios na selección de lecturas dende a biblioteca escolar e dende a aula de lingua?
Vexamos estas 50 obras por autores.
Autores | Nº de grupos de lectura (total 603) |
Ledicia Costas | 88 |
María Victoria Moreno | 32 |
Carlos Negro | 30 |
Agustín Fernández Paz | 29 |
María Solar | 28 |