Secuencia de actividades:
- O que un ve e o que as súas palabras fan ver aos demais, actividade coa obra O dormitorio en Arlés de Van Gogh.
- Analizamos 3 descricións (libro de texto p. 98)
- Describimos unha imaxe (libro de texto p. 99)
- Autoavaliación 1
- Descrición técnica (o alumnado con adaptación realizará as actividades 1 e 3 / o resto do alumnado realizará as actividades 1, 3 e 5)
- Autoavaliación 2
- As definicións (hai que realizar a actividade – Comproba os teus coñecementos)
- Definición de substantivos concretos (o alumnado con adaptación realizará a actividade 2, 3 e 4 (para realizar a 4 tomará como modelo o da actividade 3) / o resto do alumnado realizará as actividades 1, 2, 3 e 4)
- Hiperónimos (hai que realizar o exercicio)
- Descrición obxectiva e descrición subxectiva (hai que realizar a última actividade)
- Como elaborar unha descrición (na aula)
Materiais utilizados:
- Libro de texto
- Unidade O retrato de Ramón Rocamonde Gómez