Cartel con acróstico realizado polo EDLG do CPI Antonio Faílde de Coles.

Co gallo do Día da Poesía o vindeiro 21 de marzo, dende o Equipo da Biblioteca convídannos a participar nunha exposición de Acrósticos dedicados a algunha muller importante na nosa vida que se realizará no patio do aulario 1.

En canto ao material da túa creación podes empregar o que queiras: cartolinas de cores, tesoiras, pegamento, revistas, etc.

Anímate, de seguro que haberá algunha muller importante na túa vida á que lle queiras dedicar un acróstico. Tes ata o día 25 de marzo para entregar o teu acróstico na biblioteca. Participa!

Se queres ampliar o teu coñecemento sobre os acrósticos non dubides en visitar Xogos de Lingua, a páxina de referencia na ludolingüística galega.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA