A – Deulle unha patada a unha pedra.
AGA / AGÁS – Agás eu, todos saben algo de música.
ANTE – Ten que responder ante as autoridades polo que fixo.
APÓS – Após a representación, ofrecerase un café con pastas.
ATA / ATÉ – Quedo na cidade ata mañá.
BAIXO – Está esperando baixo a ventá.
BARDANTE – Todos votabamos por ir de excursión á neve bardante el que prefiría ir ao parque de atraccións.
CABO – O prado está cabo o río.
CANDA – Virás canda eles, prefiro que non conduzas pola noite.
CAS – Vai cas seus curmáns.
CON – Lévase ben con todo o mundo.
CONFORME / CONSONTE – Debemos actuar na elección conforme sinalan as normas do centro.
CONTRA – Chegarei contra as nove.
DE – De día e de noite.
DEICA – Agora deica pouco xa son as doce.
DENDE / DES / DESDE – Dende aquel día non o volvín ver.
DURANTE – Non fixo nada durante todo o ano e agora quere facelo todo nun día.
EN – Quedou en branco.
ENTRE – A vila está entre dúas montañas.
EXCEPTO – Gustoume a película excepto o final.
FÓRA – Fóra teu irmán viñeron todos.
MALIA – Malia os cartos que gaña, non aforra para facer unha casa.
MEDIANTE – Conseguir algo mediante a axuda de alguén.
MENOS – Menos el, todos están de acordo.
ONDA – Fun onda el e atopeino chorando.
PARA – Ese moble é para os libros.
PERANTE – Testou perante notario.
POR – Por aquí chégase á cima do monte.
QUITANDO – Quitando tres, aprobamos todos.
SACADO / SACANDO – Sacando o avó, teñen todos o cabelo roxo.
SALVANTE / SALVO – Todos o deixaron só, salvante o irmán, que o acompañou durante todo o acto.
SEGUNDO – Segundo o que dis, esa teoría está equivocada.
SEN – Chegou á meta sen folgos.
SENÓN – Senón eu, sabíano todos.
SO – So o dominio do ditador.
SOBRE – Asistiu a unha conferencia sobre as correntes mariñas.
TRAS – Tras seis anos de prisión saíu á rúa.
XUNTA – Colle o libro que está xunta o caixón.
*Significan o mesmo: Aga – Agás – Excepto – Fóra – Menos – Quitando – Sacado – Sacando – Salvante – Salvo