Prazo de entrega: antes das vacacións de Semana Santa.
Nesta tarefa imos aproveitar para poñérmonos ao día, tes que realizar no teu blog as seguintes comprobacións:
- O nome do perfil está completo co teu nome e dous apelidos
- O blog está configurado en galego
- Personalizaches o aspecto do teu blog (só para os blogs aprobados)
- Todas as entradas teñen etiquetas (blogueando, noticia da semana, etc.)
- Os títulos do blog e das entradas non rematan en punto
- Pasácheslles o corrector e liches todas as túas entradas
- Todas as imaxes teñen licenza CC.
- Todas as imaxes teñen ligazón de atribución á páxina da que proceden ou se son imaxes propias teñen indicada a licenza e a atribución
- Todas as ligazóns funcionan (ábrense noutra pestana ou xanela)
- As ligazóns ás fontes das noticias da semana indican o título da noticia en galego e o nome do medio de comunicación na súa lingua orixinal
- As ligazóns ás fontes das noticias da semana leva á noticia e non á portada do medio de comunicación
- As noticias da semana é considerada “importante” pola súa transcendencia para un sector poboación
- Na entrada de presentación preséntaste dicindo quen es e os contidos que vas ofrecer no teu blog
- Na entrada de vlog falas 5 minutos sobre calquera contido relacionado coa temática do teu blog
- As entradas libres ofrecen contidos de elaboración propia e non se limitan a copiar a información contida noutras páxinas.
Ao final terás que ter no teu blog como mínimo os seguintes contidos:
- 1 entrada de presentación
- 2 entradas de noticia da semana
- 1 entrada de vlog
- 3 entadas de contidos libres
- 1 entrada de regueifas (menos o alumnado de 1C)