Nesta tarefa o que se busca, máis que saber a resposta, é ser capaz de conseguir fontes de documentación fiables que nos proporcionen a resposta. Para superar esta tarefa terás que atopar a resposta ás preguntas e tamén unha fonte de documentación que avale esa resposta.

Resultados Congreso.
Resultados Senado.
  1. Poden votar todas as persoas nas Eleccións Xerais?
  2. Que se elixe nas Eleccións Xerais?
  3. As persoas votantes elixen o presidente ou presidenta do goberno?
  4. Que ten que conseguir unha persoa para ser presidenta do Goberno?
  5. Que é un escano?
  6. Os escanos repártense por provincias ou por comunidades autónomas?
  7. Cal foi o partido máis votado en España?
  8. Cantas formacións políticas conseguiron representación no Congreso? Cales son (de maior a menor en representación)? E no Senado?
  9. Cando se gana unha votación por maioría simple? Cando se gana por maioría absoluta?
  10. Atopa dous titulares obxectivos e dous titulares valorativos sobre o resultado das eleccións.

Esta tarefa realizarase no caderno da materia.

Prazos de entrega:

luns 13 – 1C e 1D

venres 10 – 1A e 1B

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA