
Para facilitarche a fin de curso na materia, déixovos aquí unha compilación das entregas do trimestre.
- Tarefa 11: Creamos o noso blog en Blogger
1ª entrada, a miña primeira entrada / 2ª entrada, contido libre inventada por ti - Tarefa 12: Primeira análise crítica e modificación do aspecto do blog
3ª entrada, análise crítica da noticia da semana - Tarefa 13 – vlogueando e a noticia da semana
4ª entrada, vlogueando / 5ª entrada, análise crítica da noticia da semana (o alumnado de adaptación, reforzo e agrupamento non ten que facer esta entrada) - Tarefa 14 – Poñémonos ao día
6ª entrada, libre / 7ª entrada, libre / 8ª entrada, libre / 9ª entrada de coplas (a entrada 9 de coplas, o alumnado de 1C non a ten que facer, no seu lugar farán unha entrada libre) - Tarefa 16 – Inventamos noticias
10ª entrada, 1 noticia inventada / 11ª entrada, 1 noticia inventada (o alumnado de adaptación e reforzo non terán que facer esta entrada) - Tarefa 17 – Entrada libre
12ª entrada, entrada libre
Lembrade:
- O voso blog deberá cumprir cos requisitos formais da tarefa 14.
- As entradas deben ter pasado o corrector ortográfico.
- As entradas libres terán un contido relacionado coa temática do voso blog. O seu número pode ser maior do requirido pero nunca menor.
TOTAL DE ENTRADAS QUE TES QUE TER PUBLICADAS NO TEU BLOG AO FINAL DO TRIMESTRE
ALUMNADO CON ADAPTACIÓN E REFORZO: 8 entradas (1ª presentación, 2ª libre, 3ª análise dunha noticia, 4ª vlogueando, 6ª libre, 9ª coplas, 10ª noticia inventada, 12ª libre)
ALUMNADO DE AGRUPAMENTO: 12 entradas (non fará a entrada 5ª de análise dunha noticia, nin a 9ª de coplas, no seu lugar realizará dúas entradas libres)
RESTO DO ALUMNADO: 12 entradas
PRAZO DE ENTREGA FINAL
9 de xuño
14 de xuño (alumnado de adaptación e reforzo)
Non será avaliada ningunha entrada publicada con posterioridade ao 9 de xuño.
*Lémbrase que por acordo do departamento didáctico, non será admitido ningún traballo presentado fóra de prazo.
AVISO: As fins de semana non serán atendidas consultas a través do correo.