Esta é a rúbrica de avaliación que imos empregar no IES da Pobra para cualificarmos as producións do Tíralle da Lingua. Tede en conta:
- O día 20 é o Tíralle da Lingua no instituto, no SUM
- O día 28 é o Tíralle da Lingua en Santiago de Compostela
- O tempo da rúbrica é para as historias con dúas persoas participantes (mínimo 3′), para unha persoa participante (mínimo 2’30”)
- Non esquezas o contacto visual co público que vai incluído no criterio Presentación perante audiencia
- E o criterio fundamental, se a ti non che gusta, tampouco lle vai gustar ao teu público
- Inventa historias e pásao ben compartíndoas!