Co que levamos traballado deberías saber:
- Que é o universo?
- Que é o big-bang?
- Que elementos compoñen o universo?
- Que é unha galaxia? Cal é a nosa galaxia?
- Que podemos atopar nunha galaxia?
- Que é un sistema planetario?
- Cal é o noso sistema planetario?
- Cales son os planetas que compoñen o noso sistema planetario en orde de tamaño?
- Cal é o planeta que se toma como base para medir a masa?
- Cal é o elemento do universo máis afastado da Terra que podemos ver a simple vista?
- Que tres características se dan na Terra para que nela exista vida?
- Que papel ten a atmosfera para que haxa vida na Terra?
- Que forma ten a Terra?
- Debuxar os elementos que podemos atopar no universo.
- Debuxar a nosa galaxia.
- Crear un debuxo de movementos no universo no que recollas a Lúa, a Terra, o Sol e a Vía Láctea.
- Que é o movemento de rotación? Canto tarda en dar unha volta completa?
- Cales son as consecuencias do movemento de rotación?
- Que é o movemento de translación? Canto tarda en dar unha volta completa? Cal é a dirección do xiro?
- Que é a órbita terrestre?
- Por que durante a translación cada hemisferio se atopa en posicións distintas respecto ao Sol?
- Que tres grandes consecuencias ten o movemento de translación?
- Indicar nun globo terráqueo: os cinco principais paralelos, o hemisferio Oº, dúas estacións e o día e a noite.
- Que é un solsticio? Cantos hai? En que momento?
- Que é un equinoccio. Cantos hai? En que momento?
- O puntos cardinais de que movemento da Terra son consecuencia?
- Localizar un concello do Barbanza respecto a outro dado o punto cardinal.
- Que é unha hora? Que é un fuso horario?
- Calcular a hora dun lugar tendo en conta os fusos horarios.
- Que é o meridiano Oº ou de Greenwich?
- Que é un día solar?
- Que é un ano luz?
- Que é un mapa?
- Que 4 elementos precisamos para confeccionar un mapa?
- Que é unha rede xeográfica?
- Que son os paralelos? Cales son os máis importantes?
- Que son os meridianos? Cales son os máis importantes?
- Que é a latitude? Que é a lonxitude?
- Que sistemas de proxección hai para representar a Terra nun mapa?
- En que sistema de proxección os meridianos teñen forma de abano?
- En que sistema de proxección os meridianos teñen forma de estrela?
- En que sistema de proxección os meridianos son liñas paralelas?
- Que tipo de proxección utilizarei se quero ver a Antártida completa?
- Que é a escala?
- Localizar un punto no mapa dadas as súas coordenadas xeográficas.
- Indicar as coordenadas dun punto nun mapa.
- Que dous tipos de mapas coñecemos?
- Cal é a diferenza fundamental entre un mapa topográfico e un mapa básico?
- Como representamos as alturas do relevo nos mapas topográficos?
- Que son as curvas de nivel? Que tipos hai? Explica as diferenzas entre eles.
- Clasificar trazos dun mapa topográfico en naturais e humanos.
- Situar os continentes, océanos e principais mares nun mapa.
- Explicar a estrutura da Terra dende o centro cara ao exterior indicando seis capas.
- Que é a litosfera? Por que nos interesa tanto o seu estudo?
- Onde é a litosfera máis ancha? E onde é máis estreita?
- Que é o relevo?
- Indicar tres formas do relevo das terras somerxidas.
- Indicar catro formas do relevo das terras emerxidas.
- Indicar seis formas do relevo costeiro.
- Que é unha fosa mariña? Que é unha dorsal oceánica?
- Que dous tipos de axentes diferenciamos na evolución do relevo?
- Que axentes interveñen na formación do relevo?
- Que axentes interveñen na modificación do relevo?
- Cal é o axente con maior impacto na modificación do relevo? Pon tres exemplos deste impacto.
- Explica de que tres maneiras a auga provoca a modificación do relevo.
- Que axente do relevo provoca a aparición das montañas?
- Que tres fases podemos diferenciar no proceso de modificación do relevo?
- Indicar o termo definido nunha definición.
- Completar esquemas dos contidos dados.
- Contestar a preguntas de dedución de coñecementos adquiridos.