INVESTIGACIÓN TRATAMENTO DA INFORMACIÓN 1º ESO
IES DA POBRA DO CARAMIÑAL
TEMAS QUE HAI QUE PREPARAR PARA A PROBA DE PENDENTES 2O2O
A proba de pendentes constará dun exame escrito con 10 preguntas extraídas entre as seguintes:
- O alumnado na proba de pendentes deberá saber dar resposta axeitada ás seguintes cuestións:
- Indica dúas formas diferentes formas de conseguir información na Idade Media, en 1960 e en 2019.
- Que é unha rede social?
- Indica 5 vantaxes e 5 desvantaxes da utilización das redes sociais.
- Que operador debemos utilizar nun buscador se queremos atopar páxinas que conteñan vacacións e verán, ou unha soa destas dúas palabras?
- Que operador teño que utilizar nun buscador se quero atopar páxinas que inclúan a palabra Deportivo pero que exclúa aquelas que conteñan a palabra Coruña.
- Indica o nome de tres buscadores diferentes.
- Como buscas unha palabra concreta dentro dun blog ou dunha web?
- Como buscarías un documento .doc coa palabra festa?
- Indica que partes podemos atopar na entrada dun dicionario e para que serve cada unha.
- Explica a diferenza entre glosario, enciclopedia e dicionario.
- Indica catro tipos diferentes de dicionario (non poden ser dicionarios de diferentes linguas).
- Se dicimos que un dicionario ofrece nas entradas a etimoloxía das palabras, de que estamos a falar?
- Cal é a diferenza entre busca avanzada e busca simple nun dicionario en liña?
- Indica tres formas de busca que che permita a busca avanzada que non podes realizar coa busca simple.
- Indica os 5 criterios que che permiten recoñecer webs fiables.
- Que é o dereito de autoría?
- Que é unha licenza Creative Commons? Cal é o seu símbolo?
- Que é o copyright? Que é o copyleft?
- Que é a atribución (BY)? Cal é o seu símbolo?
- Que é compartir igual? Cal é o seu símbolo?
- Que significa non uso comercial? Cal é o seu símbolo?
- Que significa non obras derivadas? Cal é o seu símbolo?
- Unha escritora pode ter un libro cunha licenza CC que no permite usos comerciais e ao mesmo tempo asinar un contrato cunha editorial concreta para a súa distribución? Argumenta a túa resposta.
- Que licenza teño que escoller se non quero que ninguén utilice os meus materiais?
- Que licenza necesito se quero que o meu traballo sexa recoñecido?
- Dados os símbolos dalgúns tipos de licenza, explicar o seu significado.
- É legal utilizar calquera imaxe que atopemos na rede? Por que?
- Que partes podemos atopar na portada dunha publicación?
- Como podemos diferenciar na prensa un titular obxectivo dun titular subxectivo.