Imos traballar os textos instrutivos, e concretamente a receita de cociña.
Obxectivo: Inventar unha receita de cociña saudable que teña como base produtos do mar.
ELEMENTOS DUNHA RECEITA DE COCIÑA
1 – TÍTULO
- Debe ser descritivo e evocador de xeito que quen o lea faga unha idea realista do prato.
2 – COCIÑEIRA/O
- Indicarase no caso dunha receita propia ou de autoría coñecida.
3 – PRESENTACIÓN DA RECEITA
- Breve texto de presentación da receita argumentando a súa escolla.
4 – INFORMACIÓN NUTRICIONAL
- Preferentemente de forma gráfica.
5 – ALÉRXENOS
- Mediante as iconas correspondentes.
6 – GRAO DE DIFICULTADE
- Pódese expresar mediante unha palabra DOADO-NORMAL-DIFÍCIL-MOI DIFÍCIL ou mediante unha escala de estrelas ou graduación de escala.
7 – TEMPO DE ELABORACIÓN
- Indícanse as horas e minutos coa maior precisión posible.
9 – CUSTO POR COMENSAL
- Indicarase en euros.
10 – INGREDIENTES
- En orde de utilización
- Con indicación da cantidade exacta de cada un (proporción en medidas ou número de unidades).
11 – UTENSILIOS
- En orde de utilización. (Especifícanse cando imos botar man de elementos que se afastan do que podemos atopar habitualmente nunha cociña)
12 – ELABORACIÓN
- As indicacións da elaboración faranse paso a paso.
- Empregamos os conectores discursivos de ordenación: en primeiro lugar, de seguido, por último…
- Utilizamos os verbos en presente de indicativo, normalmente en P4 (4ª persoa) ou P3 (3ª persoa) impersoal: relamos o queixo, rélase o queixo.
- Usamos un léxico especializado, polo tanto debemos comprobar a corrección da terminoloxía que empregamos en dicionarios específicos.
Dicionario de alimentación e restauración galego-castelán-inglés
Pequeno dicionario de gastronomía
13 – SUXESTIÓNS DE PRESENTACIÓN
- Outros alimentos cos que se pode acompañar
- Bebidas de acompañamento recomendadas
- Disposición dos alimentos na forma de empratar
- Suxestións de decoración na mesa (louza, etc.).
14 – FOTOGRAFÍAS
- Fotografía dos ingredientes (optativa).
- Fotografía do prato elaborado.
Que teño que facer? Inventar unha receita de cociña saudable que teña como base produtos do mar.
Como teño que entregala? En 3 formatos diferentes: en texto dixital para unha revista, en formato audio (mp4) para un podcast e unha app e en formato vídeo (avi) para unha canle e unha app.
1.º Paso: elixo que prato quero preparar.
2.º Paso: decido os ingredientes e as súas cantidades. Utilizo estes datos na aula de matemáticas para… (luns 10 de febreiro)
3.º Paso: escribo a versión en texto e entrégoa en papel para a súa corrección (xoves 13 de febreiro)
4.º Paso: gravo a realización da receita e tomo as fotografías para a edición textual. É conveniente que ao mesmo tempo vaia gravando unha versión en borrador do audio para logo lembrar a orde exacta en que realizo cada paso e tamén as aclaracións ou recomendacións que quero incluír e que van xurdir durante a posta en práctica da miña receita.
5.º Paso: deseño a versión dixital en texto engadindo o apartado gráfico. Exporto o documento a formato PDF.
6.º Paso: edito o vídeo engadindo o título e os créditos.
7.º Paso: creo o audio. Coa versión en borrador que realicei mentres cociñaba a receita engádolle ao texto que tiña os cambios, as aclaracións ou recomendacións que considere conveniente. Practico a lectura en voz alta do texto ata que me saia con voz alta e clara, con fluidez e cunha entoación correcta. Nese momento é cando gravo o audio definitivo tendo en conta que non debe haber ruídos de fondo que poidan distorsionar a gravación.
8.º Paso: envío o meu traballo a pilarponte@iespobra.com a través do correo (versión textual e audio) e mediante Google Drive ou WeTransfer (versión vídeo).