Comeza esta tarefa lendo estas dúas infografías sobre licenzas Creative Commons.
No seu momento, nesta páxina, poderás crear un cadro de licenza para o teu blog, pero iso ímolo deixar para máis adiante.
Se queres ampliar a túa información e ver diferentes posibilidades reais de uso compartido de saber na rede, podes ler o libro The power of open na súa tradución en español, na rede tamén poderás atopar o libro para descargar en PDF en diferentes idiomas.
Agora realiza as seguintes actividades no teu caderno.
- Que é o copyright?
- Que é o copyleft?
- En que ano aparece a versión 2.0 das licenzas Creative Commons?
- Que é a atribución (BY)? Cal é o seu símbolo?
- Que é compartir igual? Cal é o seu símbolo?
- Que significa non uso comercial? Cal é o seu símbolo?
- Que significa non obras derivadas? Cal é o seu símbolo?
- Unha escritora pode ter un libro cunha licenza CC que no permite usos comerciais e ao mesmo tempo asinar un contrato cunha editorial concreta para a súa distribución?
- Que licenza teño que escoller se non quero que ninguén utilice os meus materiais?
- Que licenza necesito se quero que o meu traballo sexa recoñecido?
- De todos os tipos de licenza. Cal che gustaría ter no teu blog?
- Indica o significado das seguintes licenzas:
Prazo de realización: Esta tarefa ten que estar realizada antes do 8 de marzo (data tope para todos os primeiros).