Dentro do Proxecta Herdeir@s do Mar esta semana tócanos realizar investigación de campo.
Obxectivo: buscar imaxes do pasado da Pobra do Caramiñal que teñan que ver co mar, cos oficios e traballos relacionados co mar e co mundo industrial deste concello.
Que teño que facer?
Buscar fotografías con esta temática.
A. Quitarlle unha foto á fotografía. Podes facelo con boa calidade coa aplicación FotoScan de Google ou outra semellante.
B. Ao arquivo da foto cambiarlle o nome e poñerlle o seguinte:
cursoapelidoapelidonome_T11_01_data
exemplo: 1Cpontepatiñopilar_T11_01_1975
Identificación: é a túa identificación co curso, apelidos e nome 1Cpontepatiñopilar_
T11_: por ser a Tarefa 11
01_: por ser a túa primeira imaxe, despois terás que ir poñéndolle a cada unha números consecutivos
data: en data poñerás o ano da imaxe se o sabes, p.ex. 1973; se só sabes a década poñerás p.ex. anos70 e se non tes nin idea poñerás sendata.
C. Despois de poñerlle o NOME CORRECTO ás túas fotos, CLICA AQUÍ e súbeas ao álbum colectivo HERDEIR@S DO MAR.
D. Unha vez que subas a túa foto, mediante un COMENTARIO na imaxe engade todos os datos que coñezas da imaxe:
- o lugar
- a data
- as persoas que aparecen
- a actividade que están facendo
- e calquera outra información que poidas proporcionar