![](http://aprofa.gal/wp-content/uploads/2020/11/the-number-of-4900630_1280-1024x1024.jpg)
Estas ideas están pensadas para traballar sobre o libro Be water de Antía Yáñez. Todas elas son aplicables a calquera outro libro.
- Audiolibro dramatizado da historia (ata 3 persoas)
- Audiolibro dun capítulo (1 persoa – adxudicación por sorteo)
- Booktrailer (ata 2 persoas)
- Booktuber (1 persoa)
- Escritura dunha historia que teña como protagonista a unha personaxe do libro (1-2 persoas)
- Escritura dunha precuela (1-2 persoas)
- Escritura dunha secuela (1-2 persoas)
- Marcapáxinas (diferentes ideas, pode ser de personaxes cun resumo da súa historia por detrás, ou as personaxes por un lado e información sobre o autor por detrás, citas do libro, etc.) (1-2 persoas)
- Recreación en cómic dun capítulo (1-2 persoas)
- Recreación en fotonovela dun capítulo (1-2 persoas)
- Recreación en vídeo dun capítulo (ata 3 persoas)
- Recreación nunha exposición fotográfica (1-2 persoas)
- Representación teatral do libro ou dunha das historias na aula (ata 3 persoas)
- Serie de 10 carteis que representen a historia (ata 3 persoas)
- Entrevista radiofónica a algunha personaxe destacada (2 persoas)
- Serie en capítulos do libro (ata 4 persoas)
- Test de comprensión lectora dixital (1-2 persoas)
- Xincana literaria do libro (2 persoas)
- Xogo de mesa (1-2 persoas)
- Xogo virtual (1-2 persoas)
PRAZO DE ENTREGA – O xoves 10 de decembro, na hora de clase, remata o prazo de entrega para o traballo sobre o libro de lectura. Como se indica na programación docente do Departamento de Lingua Galega e Literatura, non se poderán recoller traballos entregados fóra de prazo