Aquí tes unha recomendación lectora do libro Be water de Antía Yáñez realizada por Nee Barros (@neeumatiko) un Youtubeiro e escritor.
Unha vez remates de ler o libro, realiza o seguinte:
- Mira con calma o vídeo de Nee.
- Anota as principais ideas da súa recomendación lectora.
- Escribe a túa opinión sobre cada un deses aspectos da obra.
- Na aula expresa as túas opinións.
- Entra no en YouTube coa túa conta @iespobra.com e deixa a túa opinión na sección de comentarios do seu vídeo.