Nesta tarefa imos crear un blog propio en Blogger coa nosa conta @iespobra.com.
Para que vai ser este blog:
- Para que realices nel as entradas dos contidos que a ti che gusten de forma libre sempre e cando respectes as leis de autoría e os teus contidos sexan adecuados a un ámbito educativo para adolescentes.
- Para que recollas nel algunhas tarefas obrigatorias de ITI.
- Para que recollas (se é o caso) tarefas relacionadas con outras materias.
Antes de nada imos configurar a nosa conta de Google en galego, imos lembrar os pasos vistos na aula:
- Entramos na nosa conta @iespobra.com
- Imos á nosa icona que aparece na esquina superior dereita da pantalla (se non lle puxestes unha imaxe propia, apareceravos a vosa inicial) e seguimos a seguinte ruta: icona > cuenta de Google > Datos y personalización > Idioma > idioma predeterminado (clicamos no lapis) > no menú escollemos galego.
- Saberás se o fixeches ben porque os menús comezarán a aparecerche en galego.
Para saber como crear o teu blog, mira o seguinte vídeo e vai seguindo as instrucións, ánimo que é moi doado!
En Creamos o noso blog en Blogger 1 aprendemos:
- A entrar na nosa conta de Blogger.
- A crear o noso perfil.
- A poñerlle nome e enderezo ao noso blog. Ponlle un nome en galego, fíxate que sexa doado de lembrar. Se xa sabes cal vai ser a temática do teu blog podes poñerlle un nome que dea conta da súa temática.
- A escoller un tema de aspecto (neste caso o “sinxelo”) para o blog.
- A coñecer a pantalla de administración do blog.
FORMA DE ENTREGAR A TAREFA 8:
Escribe o enderezo do teu blog.
TAREFA 9
En Creamos o noso blog en Blogger 2 aprendemos:
- A coñecer a pantalla de edición de Blogger.
- A crear entradas de texto. Terás que ter 2 entradas no teu blog: 1ª A miña primeira entrada / 2ª Unha entrada de contido libre inventada por ti.
- A editar o texto do noso post.
- A poñer etiquetas.
- A programar a publicación de entradas e a publicalas inmediatamente.
Lembra que ademais da primeira entrada co contido sinalado no vídeo, deberás realizar outra co contido que ti prefiras.
Por último, entrega a ligazón a cada entrada na tarefa da aula virtual.