![](http://aprofa.gal/wp-content/uploads/2020/12/Código-de-Hammurabi.jpg)
HISTORIA – PROBA 3
FICHA DE PREPARACIÓN DAS GRANDES CIVILIZACIÓNS FLUVIAIS E MESOPOTAMIA
- A que nos referimos coa expresión “civilizacións fluviais”? Por que reciben este nome? Cales foron?
- Debuxa un mapa onde se vexan as grandes civilizacións e os ríos ao redor dos cales naceron.
- Debuxa un mapa onde se vexan os mares que rodeaban o imperio de Mesopotamia e os diferentes pobos que ocupaban ese territorio.
- Debuxa unha liña do tempo onde se vexan as diferentes etapas da civilización mesopotámica.
- Debuxa un mapa onde se vexan que estados ocupan hoxe a zona onde se desenvolveu a civilización mesopotámica.
- Ordena as etapas da Historia de Mesopotamia e sinala un elemento cultural ou feito importante de cada unha delas.
- Cal é a característica política máis importante na época dos sumerios? A creación das Cidades Estado.
- A que nos referimos coa expresión “Cidades Estado”? Que forma de goberno existiu nelas por primeira vez?
- Cal é a diferenza entre un estado e un imperio.
- Que era un patesi? Cales eran as súas funcións?
- Que dous momentos diferentes podemos establecer na política das cidades estado?
- Explica cales eran as actividades económicas en Mesopotamia.
- Debuxa a pirámide social dos grupos sociais en Mesopotamia.
- A sociedade en Mesopotamia.
- Todas as persoas tiñan os mesmos dereitos en Mesopotamia? Razoa a túa resposta.
- Por que podemos afirmar que unha parte importante das mulleres en Mesopotamia eran dobremente escravas?
- Que é o código de Hammurabi? Porque é tan importante? Quen foi o responsable da súa realización? Onde se conserva?
- Como era a relixión mesopotámica?
- Que sabemos da indumentaria desta civilización? Como chegou a nós esta información? É unha información parcial ou completa? Xustifica a túa resposta.
- Explica todo o que saibas sobre a escritura cuneiforme.
- A arquitectura mesopotámica (materiais, inventos e principais tipos de construcións).
- Debuxa un cigurat, un arco e unha bóveda de medio canón.
- Que tres técnicas empregaban en Mesopotamia para decorar as paredes dos edificios?
- A escultura en Mesopotamia.
- Indica 5 razóns polas que poidamos considerar Mesopotamia “berce da civilización”.