Comeza esta tarefa lendo estas dúas infografías sobre licenzas Creative Commons.


Agora realiza as seguintes actividades no teu caderno.
- Que é o copyright?
- Que é o copyleft?
- Que é a atribución (BY)? Cal é o seu símbolo?
- Que é compartir igual? Cal é o seu símbolo?
- Que significa non uso comercial? Cal é o seu símbolo?
- Que significa non obras derivadas? Cal é o seu símbolo?
- Unha escritora pode ter un libro cunha licenza CC que non permite usos comerciais e ao mesmo tempo asinar un contrato cunha editorial concreta para a súa distribución? Xustifica a túa resposta.
- Que licenza teño que escoller se non quero que ninguén utilice os meus materiais?
- Que licenza necesito se quero que o meu traballo sexa recoñecido?
- De todos os tipos de licenza. Cal che gustaría ter no teu blog?
- Indica o significado das seguintes licenzas:
