A POESÍA ORAL É A PRIMEIRA ENTRE AS XOIAS PRODUCIDAS POLO ESPÍRITO HUMANO
John H. McDowell (autoridade mundial no estudo do folclore e a etnomusicoloxía)
Que é unha regueifa?
Segundo o dicionario da RAG unha regueifa é unha disputa dialéctica improvisada e en verso.
De onde veñen as regueifas?
As nosas regueifas proceden, dunha banda, da tradición autóctona das cantidas de amigo e, doutra banda, das cantigas de escarnio de procedencia foránea.
Onde colocamos as regueifas dentro da literatura popular?
Na literatura popular temos os cantares de desafío que son competicións cantadas entre dous ou máis improvisadores que se realizaban nas festas e dentro deles as regueifas son a forma máis especializada e agresiva, e tamén a máis coñecida.
A información contida nesta entrada procede da seguinte publicación:
PORTO CRESPO, Marina: Metodoloxía didáctica da improvisación oral en verso. Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Vigo. 2011.