O primeiro que temos que ter en conta nas regueifas é que son cantadas a capela e existen varias melodías para facelo.

Imos escoitar tres das melodías máis usadas en voz de Aleixo e Bea, no primeiro audio escoitaremos a melodía soa e logo xa coa copla incorporada.

Melodía 1

Melodía 1

Melodía 1 con copla

Melodía 2

Melodía 2

Melodía 2 con copla

Melodía 3

Melodía 3

Melodía 3 con copla e retrouso

Características textuais

Lupe Blanco explícanos como temos que regueifar.
  • Copla
  • 4 versos
  • octosílabos
  • rima 8- 8a 8- 8a

E despois destas cousiñas
que xa vides practicando,
xa estades preparadiños
para cantar regueifando.


Non vos queda máis remedio
tedes todos que cantar,
Évos cousa imprescindible
se queredes regueifar.

SEN COMENTARIOS