Nesta tarefa tócache defender diante dun xurado unha destas causas, o xurado escoitará a túa defensa e despois terá a oportunidade de facerche preguntas que deberás responder improvisando. Non importa se estás de acordo ou non coa causa, o importante será a túa habilidade para organizar as túas ideas nunha defensa.
- Escolle a causa que queres defender.
- Elabora o teu discurso de defensa e practícao na casa. (Duración mínima 3 minutos)
- Pronuncia o teu discurso na aula.
- Contesta na aula as preguntas que
Causas:
- Prohibición da utilización de videoxogos violentos ata a maioría de idade (18 anos)
- Lexitimidade das nais e pais para espiar os contidos do móbil dos seus fillos.
- O alumnado suspenso deberá asistir a clases de recuperación polas tardes no instituto.