Fotografía de Maruxa Mallo realizada por Diego Abad de Santillán na Galipedia.

O teu obxectivo é realizar dous textos:

  • Un AUTORRETRATO
  • Un RETRATO DOUTRA PERSOA DA AULA (Adxudicada mediante sorteo)

Le o texto e sigue as indicacións.

Tipos de descricións de persoas

  • PROSOPOGRAFÍA – Descrición das características físicas.
  • ETOPEA – Descrición do carácter, costumes e calidades morais.
  • RETRATO – Descrición do físico e da maneira de ser dunha persoa. Inclúe a prosopografía e a etopea.
    • Autorretrato – Retrato dunha persoa realizado por si mesma.
  • CARICATURA – Descrición dunha persoa na que se esaxeran ou deforman certos trazos.

Na construción do noso texto debemos utilizar os recursos propios da descrición:

  • Verbos en presente ou copretérito (imperfecto) de indicativo
  • Adxectivos abundantes
  • Abundancia de uso de comas
  • Comparacións
  • Imaxes
  • Metáforas

Para describir persoas imos seguir o seguinte esquema de escritura:

  1. Parágrafo de presentación da persoa
    1. Quen é
    2. Que idade aparenta ou ten
    3. A que se dedica
  2. Descrición física
    1. Aspecto xeral
    2. O corpo
    3. A cabeza
    4. O tronco e as extremidades
  3. Descrición de carácter ou psicolóxica
  4. Gustos e afeccións
  5. Parágrafo final
    1. Recompilación dos aspectos máis salientables
    2. Pódese incluír voluntariamente o que é para ti esa persoa

Léxico para describir persoas

A DESCRICIÓN DO CORPO

A DESCRICIÓN DA FORMA DE SER

Exercicio realizado na aula

EXERCICIO REALIZADO NA AULA (SOLUCIÓN)

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA