Ao mellor pasouche o que a min e ao ver o nome de Florencio Delgado Gurriarán como autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022 non tiñas nin idea de quen era. Non pasa nada, esta publicación nace para solucionalo eu e as persoas que están na miña situación de partida.
Púxenme a navegar na procura de información e vou deixar aquí 12 ligazóns que nos poden achegar inicialmente ao autor e 2 vídeos.
- A poesía de tema sociolingüístico de Florencio Delgado Gurriarán, 2008 (texto de Séchu Sende no seu blog Made in Galiza)
- As letras de Florencio (web da iniciativa que reivindicou todos estes anos a homenaxe nas Letras Galegas a Florenio Delgado Gurriarán)
- As Letras Galegas 2022 homenaxearán a Florencio Delgado Gurriarán (noticia na páxina da Real Academia Galega)
- Débora Álvarez: “Reivindicamos este ano ao Florencio Delgado Gurriarán máis combativo”, 2019 (entrevista en vídeo de Pilar G. Rego a Débora Álvarez no Zigzag Diario)
- “Florencio Delgado chegaba cargado de literatura galega feita en México, publicacións moi importantes para os resistentes”, 2021 (entrevista escrita de Marcos Pérez Pena a Ricardo Gurriarán en Praza)
- Florencio Delgado Gurriarán (ficha do autor na base de datos Biblioteca Virtual Galega, inclúe textos en liña)
- Florencio Delgado Gurriarán (artigo na Galipedia)
- Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado nun Día das Letras que recoñecerá o labor da intelectualidade galega no exilio, 2021 (noticia de Marcos Pérez Pena en Praza)
- Florencio Delgado Gurriarán, o poeta de Valdeorras (publicación na páxina da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, inclúe un poema e vídeo)
- Manuscrito: Florencio Delgado Gurriarán, 2015 (publicación de Ramón Nicolás no seu blog Caderno da crítica)
- Pequena glosa sobre Florencio Delgado Gurriarán, 2018. (biografía e textos de Florencio Delgado no blog Letras para todo o sempre de Henrique Dacosta)
- Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán (texto de Miro Villar no seu blog Crebas)