Neste titorial vas aprender como elaborar un xogo de Pasapalabra en Genmagic.
Nesta páxina podes atopar xogos deste tipo en galego coma este.
Nesta imaxe podes ver algúns dos que xa están na páxina.
Aquí podes ver todos os pasapalabras en galego que teñen na súa páxina e de diferentes materias.
Lembra:
- Respectar o alfabeto galego.
- Elaborar o contido textual previamente nun documento de texto, as definicións deben ser orixinais túas e valórase que haxa o máximo número de palabras posible non coincidente co castelán para enriquecer o noso vocabulario.
- Tedes sempre que comprobar que elixistes o vocabulario correcto, para iso podedes utilizar estas dúas páxinas, o Portal das Palabras e o Rinodicionario castelán-galego. Aproveita e gárdaas na barra de marcadores do teu navegador para telas sempre á man.
- Pasade o voso texto polo Ortogal para realizar unha correción ortográfica.
- Poñer Comeza co + letra ou Contén o + letra antes da definición.
- Pasarlle o corrector ao texto que vaias inserir antes de comezar co proceso de elaboración dixital en Genmagic.
- Chegados a este punto, cada persoa entregará un PDF co nome da autoría, o título, a súa listaxe de palabras e de definicións e unha vez aprobada esta parte, pasará aos seguintes puntos.
- Buscar unha imaxe libre de dereitos que estea colgada na rede. Copiar o enderezo da imaxe, non da páxina na que aparece.
- Enviar o arquivo descargado por correo a genmagic@gmail.com
- Cando estea publicado, pega a ligazón do teu PasaGalego na tarefa.