Actividades sobre as gráficas de contido sociolingüístico da noticia O devalo do galego publicada en praza.gal o 18 de outubro de 2024.

*Este material é susceptible de ser utilizado tanto en aulas de secundaria como de bacharelato dependendo do grao de afondamento que se procure nas análises e nas argumentacións destas. O enfoque foi traballar a análise sociolingüística da realidade actual a través do desenvolvemento da competencia matemática.

Lémbrase que as respostas non poden ser unha palabra, senón que teñen que ir convenientemente redactadas.

1. Cantas enquisas se recollen nesta gráfica?

2. Cales son as cifras de lingua inicial en 2003 segundo esta gráfica? Redacta un parágrafo no que expliques a situación da lingua inicial en Galicia segundo a enquisa de 2003.

3. Cal é a opción que máis medrou nestes vinte anos?

4. Un dato desta enquisa provocou unha conmoción en Galicia ata o punto de que o goberno galego afirma ter vontade de modificar a súa política lingüística e esta pasada fin de semana milleiros de galegos se manifestaron en Santiago a favor do galego. Cal é ese dato? Por que cres que está a ter tal impacto?

5. Onde se publicou esta gráfica?

6. Quen realizou esta gráfica?

7. Que é o IGE? Que función ten?

8. En que ano destas enquisas se falaba máis galego en Galicia? Que porcentaxe de persoas falaban galego en Galicia segundo a enquisa dese ano?

9. Que é Flourish? Por que aparece aí?

10. Explica coas túas palabras por que podemos dicir que estamos ante unha gráfica?

1. Segundo esta gráfica, neste momento cal é a lingua na que aprendeu a falar máis xente en Galicia? Que porcentaxe da poboación supón?

2. Segundo a enquisa de 2018 que porcentaxe da poboación aprendeu a falar en galego noutro comunidade autónoma? E que porcentaxe aprendeu a falar en galego noutro país? Como se poden explicar estes dous datos?

3. En que provincia hai maior porcentaxe de persoas que aprenderon a falar só en castelán? En cal hai maior porcentaxe de persoas que aprenderon a falar nas dúas linguas? E en cal hai maior porcentaxe de aprendizaxe inicial en galego?

4. Nunha cidade en que lingua é máis probable que aprendese a falar unha persoa?

5. Que tipo de relación existe entre o tamaño do concello e a presenza do galego como lingua inicial?

1. En que proporción se reduciu en vinte anos o número de nais e pais que lles falan en galego sempre ás nenas e nenos? En que proporción se reduciu no mesmo período o número de avoas e avos que lles falaban en galego sempre ás nenas e nenos? Segundo isto, que pasará en 2033?

1. Con que membro ou membros da familia falan nenos e mozos máis en galego?

2. Con que membro ou membros da familia falan máis en castelán?

3. Como evolucionou entre 2003 e 2023 o índice de galegofalantes na infancia e na mocidade?

4. De seguir esta progresión, que pasaría dentro de 20 anos?

5. Por que o índice de falantes iniciais é un síntoma da vitalidade dunha lingua?

1. Escolle unha das seguintes opcións.

A proporción de infancia/mocidade que fala en galego coa familia e as súas amizades é a mesma.

A proporción de infancia/mocidade que fala en galego coa familia e as súas amizades é distinta.

2. Agora compara a porcentaxe na que a poboación de 5 a 14 anos fala coa súa familia en galego (na Gráfica 4) e a porcentaxe na que a mesma poboación fala coas súas amizades en galego (na Gráfica 5). Que conclusión tiras da lectura desas dúas porcentaxes?

1. A proporción de persoas que fala sempre en galego en Galicia é do 24%, cal é a proporción de alumnado que fala só en galego na clase?

2. Segundo esta gráfica, quen cambia máis de lingua na clase, o alumnado galegofalante ou o alumnado castelanfalante. Xustifica a túa resposta con datos da gráfica e intenta buscarlle explicación a este fenómeno?

1. Elabora un texto no que analices a realidade da lingua galega na actualidade á vista destas seis gráficas. Inclúe na túa análise:

– Datos.

– A túa interpretación dos datos.

– Unha comparación dos datos coa túa realidade persoal.

– Un prognóstico para o futuro.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA