Comparto esta versión delicada e personalísima de Narci Rodríguez do poema “Negra sombra” de Rosalía de Castro da súa obra Follas Novas (1880).
A música de Xoán Montes Capón (Lugo, 1840-1899) está inspirada nun alalá recollido na Cruz do Incio. Foi presentada por primeira vez no Gran Teatro da Habana, en 1892.
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan,
es ti que cantas,
si choran,
es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me deixarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Rosalía de Castro. Follas Novas. 1880.