Tarefa

Se aínda non o es, vaste iniciar como Booktuber realizando un vídeo sobre a lectura autónoma obrigatoria deste trimestre O misterio de Portomarín de Antía Yáñez. Mirade este exemplo:

Contido

A túa intervención como booktuber deberá incluír como mínimo os seguintes contidos na orde que consideres oportuna:

  1. Presentación dicindo o teu nome (con apelidos ou non, como queira)
  2. Algunhas palabras sobre a autora
  3. Resumo da historia
  4. Temas e subtemas
  5. Personaxes
  6. Tempo e espazo
  7. Motivos polos que che gustou ou non o libro e polos que recomendas a súa lectura ou non.
  8. Pequena conclusión.

Duración mínima requirida: 4 minutos.

Como facer un vídeo

Consellos á hora de gravar:

  1. cámara de vídeo, o móbil ou tableta deben estar estabilizados cun trípode ou apoiados nun lugar de xeito que a imaxe non baile e en posición horizontal.
  2. A luz é fundamental, condiciona a percepción do que se ensina, ten en conta que tes que ter a luz de fronte, isto é, por detrás da cámara e nunca detrás túa.
  3. son debe ser limpo sen ruídos de fondo, neste tipo de vídeos é moi importante que se entendan ben as túas palabras.
  4. fondo, isto é, o que se ve detrás túa, debe estar ben pensado e non ao chou. Ti es libre de escoller calquera fondo pero nunca pode conter distraccións para o espectador ou elementos que non falen positivamente de ti como que se vexa o cuarto desordenado, etc. A maioría de booktubers realizan os seus vídeos diante dos seus estantes cheos de libros ou sentados nunha mesa de estudo aínda que tamén hai outros máis creativos que gravan tamén en exteriores ou crean fondos falsos onde inclúen as portadas, fotos das escritoras e escritores e outros elementos engadidos mediante edición de vídeo. Non é recomendable que graves en exteriores a non ser que teñas un bo equipo de son.

Idea! Antes de comezar a realizar a gravación definitiva debes facer sempre unha gravación de proba para comprobar aspectos como voz, luz e fondo.

Criterios de corrección

  • Cumpres os requisitos formais da tarefa.
  • Falas con fluidez e corrección.
  • Acento, entoación, ton e volume son correctos.
  • Utilizas un rexistro lingüístico formal con léxico rico e variado.
  • Organizas ben a información.
  • Realizas unha boa análise da obra literaria.

Forma de entrega

Deberás entregar na tarefa na aula virtual a ligazón ao teu vídeo que poderá estar en formato mp4avi ou mpeg.

Se o desexas tamén podes facer a tarefa con Canva e logo compartir na tarefa a ligazón ao teu arquivo tendo en conta que o poida ver calquera que teña a ligazón.

Prazos de entrega

*Esta tarefa non ten prórroga, só hai un prazo de entrega fixo.

O prazo de entrega remata o 10 de decembro de 2025.

SEN COMENTARIOS