The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros no ano 2018. As súas letras, para as cales empregan o galego e o castelán indistintamente, transmiten temáticas banais relacionadas con amores e desamores, a xuventude e a festa.
FONTE: The Rapants. (19 de decembro de 2025). Galipedia, a Wikipedia en galego. Consultado o 1 de febreiro de 2026 en https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=The_Rapants&oldid=7263631.










