As Letras Galegas non é un mes, é todo un ano, sigamos explorando o legado de Begoña Caamaño.
Esta publicación irase completando cos diferentes recursos sobre a autora. Se botas algo de menos deixa a ligazón en comentarios. Grazas.
BEGOÑA CAAMAÑO DE PRIMEIRA MAN


Begoña Caamaño na Radio Galega – Arquivo dalgúns episodios de “Club Cultura”, “Andando a terra” e “Expreso de medianoite” e contidos da Radio Galega sobre Begoña Caamaño.

Begoña Caamaño presenta Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle. Publicación da RAG que contén o relatorio da súa intervención nos VII Diálogos Literarios de Mariñán que, organizados pola Fundación Carlos Casares (2010), onde revisa a orixe da súa primeira novela, e o guión que elaborou para a presentación da segunda, Morgana en Esmelle, en Compostela en abril de 2012. Begoña Caamaño explica nestes dous escritos a xénese e horizonte das súas dúas novelas, a análise en que se asentan, os procesos, as motivacións e as ideas que as alimentan.

Con Begoña Caamaño 1964-2014. O Ximnasio de Academo.
A Conversa con Begoña Caamaño. | Entrevista de J. M. Vila Chantres en Popular TV Galicia (2013)
“Non asumen que cobran porque temos un idioma“ | Vídeo de Andrea Nunes Brións onde Begoña Caamaño nos conta as súas reflexións sobre a Radio Galega e a nosa lingua.
SOBRE BEGOÑA CAAMAÑO
«As mil vidas vividas de Begoña Caamaño» Conferencia de María Xesús Nogueira.
Begoña Caamaño na RAG. Letras Galegas 2026 | Espazo web sobre a autora con diversos apartados.

Begoña Caamaño no Consello da Cultura Galega. Especial Día das Letras Galegas 2026.

Begoña Caamaño no Portal da Lingua Galega.

Begoña Caamaño no Portal das Palabras. Letras Galegas 2026

As personaxes femininas na novela Circe ou o pracer do azul. [DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026]. No ano 2026, a escritora e xornalista Begoña Caamaño é a homenaxeada no DÍA DAS LETRAS GALEGAS. María José Viz Blanco, escritora e filóloga, fai un breve estudo sobre as personaxes femininas en Circe ou o pracer do azul, a primeira das dúas novelas que escribiu Caamaño.
Begoña Caamaño. Dúo Acordeireta, formado por Patricia González e Alejandro Balbuena.
Begoña Caamaño. Nerea Gómez, Icía Varela e Xosé Manuel Varela. Edicións Embora.

Begoña Caamaño (1964-2014) Circe ou o pracer do azul. Club de lectura. Biblioteca Ágora.

Begoña Caamaño. Biografía musical. BioLetras 2026. Ana M. García. CEIP De Chans – Bembribe.
Begoña Caamaño Letras Galegas 2026. Xosé Tomás. AS-PG.
Begoña Caamaño. Letras Galegas 2026. Proposta didáctica do IES Félix Muriel de Rianxo.
Begoña Caamaño: mudar o mundo. Volume colectivo cuxa edición correu a cargo da profesora da Facultade de Filoloxía, María Xesús Nogueira. Este libro, a ela dedicado, analiza aspectos diversos da súa obra e compila achegas de mulleres xornalistas e narradoras, convidadas a compoñeren un retrato coral da autora. Noticia da súa presentación.

Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul | O documental das Letras Galegas 2026 da RAG (2026)
Begoña Caamaño. Pequena biografía. Tania Solla. Lela Edicións.

Begoña Caamaño. Suplemento Especial do Día das Letras Galegas de Sofía Rama.

Begoña Caamaño, unha voz reivindicativa. Proposta didáctica. Material de Noelia Blanco Antelo sobre o feminismo, a literatura, a educación, o xornalismo e o compromiso social de Begoña Caamaño.

Begoña Caamaño. Xornalistmo para a cidadanía. De Vigo a Compostela. María Xosé Porteiro. Galaxia.

Begoña ou o pracer da amizade. Unha biografía de Begoña Caamaño. Beatriz Maceda. Xerais.

“Begoñísima” canción escrita e composta por Uxía, interpretada con Malvela. É unha peza musical creada como homenaxe á figura de Begoña Caamaño, escritora, xornalista e referente feminista, homenaxeada nas Letras Galegas 2026. “Begoñísima” é unha canción que celebra a vida, a rebeldía, a amizade e a loita pola igualdade que caracterizaron a Begoña Caamaño. A través da música e da poesía queremos trasladar ao público a forza da súa memoria e o seu compromiso social.
Begoñísima de Andrea Nunes Brión. Cuarto de inverno.

BegoZine. Fanzine interactivo sobre Begoña Caamaño. Proxecto foi realizado polo estudantado do módulo Deseño e planificación de produtos editoriais multimedia do 2º curso do Ciclo Superior de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia do CIFP Leixa (Ferrol).

Biografía Begoña. Biografía de Begoña Caamaño, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026, realizada polo Seminario Galán.

Caderno da crítica de Ramón Nicolás. Publicacións coa etiqueta Begoña Caamaño.

Celebrando a Begoña Caamaño. Letras Galegas26. STEG | A Asemblea de Mulleres do STEG baixo a autoría de Emma González Ferreiro, pon á nosa disposición unha serie de podcasts na que podemos atopar á Begoña Caamaño xornalista, á activista e á escritora. A colección conta con tres capítulos neste momento (04/05/26).
Colchas de voces. Videopódcast da Real Academia Galega presentado por Alba Mancebo arredor da figura de Begoña Caamaño, a autora á que a institución lle dedica o Día das Letras Galegas 2026, creadora dunha breve pero destacada obra literaria partindo desta pregunta.

“De Circes e Morganas” de Lara Rozados. A Sega.

Exposición Begoña Caamaño do Seminario Galán.

Os fíos de Begoña. Pequena biografía de Begoña Caamaño. Eva Mejuto e Nuria Díaz. Xerais.

Guía de lectura – Modelo PAU. Begoña Caamaño e o Día das Letras Galegas de Laura Rodríguez Martín e Sara Doval Martínez. Galaxia.

Guía de lectura Circe ou o pracer do azul de Laura Rodríguez Martín e Sara Doval Martínez. Galaxia.

Guía de lectura Morgana en Esmelle de Isabel González Avión. Galaxia.

Homenaxe a Begoña Caamaño no IES Castelao de Vigo | Vídeo da homenaxe realizada á autora o 19 de febreiro de 2026 na que interveñen: Marcos Calveiro, Ramón Nicolás, Henrique Monteagudo, Beatriz Caamaño, Cándido Paniagua, César L. Ares e alumnado do centro.
Indómitas. Nove Ondas a Begoña Caamaño. Uxía.
Letras Galegas 2026. Begoña Caamaño. Nin un paso atrás | Produción audiovisual do Seminario Galán, Versión infantil onde Begoña Caamaño atópase con Circe, quen lle abre a porta a unha viaxe inesperada: un encontro consigo mesma no futuro. Trátase dunha peza de ficción creada con intelixencia artificial, como homenaxe á memoria e ao legado dunha voz imprescindible da literatura galega.
Letras Galegas 2026: recursos educativos sobre Begoña Caamaño para todas as etapas. Afundación. Obra Social ABANCA. Conta cun conto infantil, roscos interactivos e unha biografía ilustrada.
Mover os marcos. Cambiar de xogo. Begoña Caamaño activista. Exposición de libros sobre feminismo, sindicalismo e manipulación de medios da Biblioteca Ánxel Casal.

A nena que perdeu un zapato na lama. Begoña Caamaño no Calvario vigués 1964-1976. Ramón Nicolás. Galaxia.

Primavera das Letras 2026. Uuu-uuu, BEGOÑA (Teatro para a infancia) | Primavera das Letras é o espazo web que a Real Academia Galega dedica á infancia para achegarlles ás nenas e nenos a figura homenaxeada polas Letras Galegas. A presentación da Primavera das Letras 2026 dedicada a Begoña Caamaño levouse a cabo o 2 de marzo de 2026 da man da comunidade educativa do CEIPP O Pombal. Nesta ocasión a RAG ofrécenos unha obra de teatro escrita por An Alfaya e ilustrada por Laura Romero na que Begoña Caamaño vive unha aventura superemocionante canda as protagonistas das súas novelas. Na web ofrécese a obra ilustrada acompañada de actividades interactivas así como tamén a obra descargable en PDF.
Non hai fronteiras (ou si?): xornalismo e literatura nas letras galegas | Xornada do Consello da Cultura Galega celebrada o 23 de marzo de 2026 en Santiago de Compostela. Os camiños entre a literatura e o xornalismo sempre foron comunicantes no sistema literario galego, como amosa a nosa historia literaria. Neste caso pártese de Begoña Caamaño como exemplo en que estes dous terreos se amosan vizosos, para explorar como se retroalimentan no presente, xerando interesantes interseccións. En que medida o xornalismo e a literatura (e viceversa) non son as caras dunha mesma moeda? Estas (e algunhas máis) son cuestións ás que tenta responder este encontro arredor de dous oficios que levan camiñando á par dende hai ben tempo.
O transgredir das ondas de Paula Carballeira. “Eli Ríos recomenda O transgredir das ondas de Paula Carballeira” n’A sega. “A voz insubmisa de Begoña Caamaño latexa en “O transgredir das ondas”, de Paula Carballeira” no Blog de Galaxia.

“Obrigada, senhora, por me devolver Ítaca” de Susana Sánchez Aríns. A Sega.

Podcast e propostas didácticas para celebrarmos a Begoña Caamaño. Unidade didáctica. Sandra Villar Giner e Eli Ríos. Asemblea de Mulleres do STEG.

A Radio de Begoña Caamaño. Homenaxe a Begoña Caamaño elaborada para a xornada radiovisual interescolar de Ponte… nas Ondas! do 24 de abril de 2026. (4 capítulos)
Telexornal Begoña Caamaño | Un ano máis, o CPI dos Dices (Rois) presenta o Telexornal das Letras Galegas dedicado á autora homenaxeada. Con este labor pretenden difundir o legado da autora e tamén darlle protagonismo a todo o alumnado que participou na elaboración do Telexornal. Esta é a súa oitava entrega, con anterioridade publicaron en cadanseu ano os telexornais de Antonio Fraguas, Carvalho Calero, Xela Arias, Florencio Delgado Gurriarán, Luísa Villalta e As cantareiras.
Uxía fala sobre Begoña Caamaño. Letras Galegas 2026. Intervención nas XXI XNL de Escolas Católicas.
Vida e obra de Begoña Caamaño – 5º Colexio San Pío X (Ourense) · Letras Galegas 2026. Seminario Galán.
Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño de María Xesús Nogueira e Ana Romaní. Galaxia.

A VOZ DAS ARTIVISTAS. Situación de aprendizaxe arredor do 8M e o activismo de Begoña Caamaño (en construción). Varias autoras.











