
Ana Moreiras recolle nesta obra o que Beiras lle dixo. Que gran lección para todos os que nos dedicamos ao ensino! Arrincar a mocidade da equidistancia, ensinala a diferenciar o bo do malo, a loitar contra as inxustizas, a axudar a quen precisa de nós, a defender os dereitos humanos e as liberdades e a non permanecer impasibles como se a vida fose o escaparate do mundo dos outros, en definitiva, ensinar as nosas rapazas e rapaces a seren bos e xenerosos.
Que bonito foi terte tido! Grazas.
Hoxe están a dor e a tristeza mais sempre permanecerás na nosa lembranza e nos nosos corazóns coma o bardo aguerrido bo e xeneroso.
Xosé Manuel Beiras in memoriam.










