Clasificación dos substantivos propios
- Antropónimo: nome de persoa (Uxía).
- Hipocorístico: variante familiar dun nome propio (Catuxa, Pepe…).
- Alcume: denominación dunha persoa que non son o seu nome, normalmente poden afectar a un individuo ou a toda a súa familia ou provir dalgunha característica física (O Roxo, os Farrucos-os do Farruco).
- Patronímico: apelido (Ponte, Fernández, Queixas).
- Topónimo: nome de lugar (A Pobra do Caramiñal).
- Exónimo: nome dun topónimo estranxeiro nunha lingua determinada (Londres, Nova York).
- Orónimo: nome de montañas, serras e soutos (serra da Loba).
- Hidrónimo: nome de ríos, lagos e zonas húmidas (río Pedras).











