[Carlos Maside: Bosquexo preparatorio, 1931]

A xeración de autores seguinte á Xeración das Irmandades e do Grupo Nós recibe varios nomes:

Xeración de 1925 – NovecentistasXeración das Vangardas

* Características comúns aos membros da xeración

1. A maioría nacen ao redor do ano 1900.

2. Promoveron a creación do Seminario de Estudos Galegos.

3. Tiveron un papel decisivo na formación do Partido Galeguista.

4. Algúns morreron moi novos e os superviventes estiveron marcados polo drama da Guerra Civil.

5. Incorporaron á literatura galega as vangardas literarias europeas, mais non todos poden ser considerados vangardistas.

* Características dos vangardistas galegos

1. Teñen unha traxectoria semellante á dos vangardistas españois (empresas editoriais breves, revistas de “combate”…).

2. Revélanse contra un pasado cultural mais non se libertan completamente del.

3. En canto á utilización do idioma parten dunha postura de sincretismo.

5. Non é doado situar os autores nun ou noutro movemento de vangarda porque a maioría deles se poderían inscribir en varias liñas de –ismos á vez.

6. As relacións co grupo Nós foron estreitas e a figura de Risco exerceu sobre eles unha notable influencia.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*