Agradecería que os pais iniciasen unha campaña para solicitar nos centros de ensinanza que se respecte a legalidade vixente marcada polo
DECRETO 124/2007 POLO QUE SE REGULA O USO E A PROMOCIÓN DO GALEGO NO SISTEMA EDUCATIVO e que con carácter xeral establece unha porcentaxe de aulas en galego non inferior ao 50% do horario lectivo. Que os documentos administrativos da consellería competente en materia de educación e dos centros de ensino dependentes dela se redacten, con carácter xeral, en galego, e tamén que nas actuacións administrativas de réxime interno dos centros docentes, como actas, comunicados e anuncios, se redacte, con carácter xeral, en galego.
E nun estrito respecto á legalidade vixente lembraría que ese documento e non ningún outro ata o momento regulamenta en Galicia esta cuestión.
Tamén agradecería que os libros que aprobe o claustro para o curso entrante sexan elixidos en función da súa “calidade pedagóxica” entre aqueles existentes na lingua en que se ha de impartir a materia e non en función de que existan edicións noutras linguas que ningún alumnado vai usar. E que facer calquera outro tipo de consideración ademais de esquecer que o noso obxectivo é ensinar prexudicaría irresponsable e gravemente o sector editorial galego e os postos de traballo que del dependen.
Agradeceríao e moito.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*