O dicionario é unha actividade Jclic de elaboración propia centrada nesta ferramenta de procura de información, destinada a primaria e primeiro ciclo de secundaria. Pódese usar on line con ordenadores conectados á rede sen necesidade de descargar ningún tipo de software, ou tamén, se se desexa, se pode descargar no ordenador e usar sen necesidade de conexión á rede.

Nas súas 10 pantallas pódense atopar as seguintes actividades interactivas:
1 – Definición do que é un dicionario.
2 – Repaso dos nomes das letras e da orde alfabética.
3 – Orde alfabética de palabras.
4 – Adxudicación de palabras a páxinas de dicionario segundo as palabras-guía.


5 – Definición das entradas do dicionario.
6 – Definición dos diferentes elementos que forman parte das entradas do dicionario.
7 – Identificación dos diferentes elementos dunha entrada.
8 – Sopa de letras na procura das palabras correspondentes ás abreviaturas máis usuais nos dicionarios.
9 – Escrita de abreviaturas.

10 – Selección do tipo de dicionario apropiado segundo a necesidade informativa de cada momento.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*