Non son nada modesta, quen me coñece, sábeo, e téñovos que dicir que estou moi orgullosa de que dous dos blogs que teño de referencia na rede decidisen outorgarme o agasallo do selo Vale a pena ficar de olho nesse blog!


Grazas a O Segrel do Penedo (blog da biblioteca do IES de Fene) e a Remexer Na Lingua (blog de Xano Cebreiro) por ter elixido A profa cando hai tan bos blogs por aí adiante.

Como merecedora do agasallo, cumpro cos requisitos para tal merecimento:
– Incrustar a imaxe do selo con ligazón ao que outorgou o premio. (Neste caso, ao se tratar de dúas páxinas diferentes, ligueinas embaixo do selo)
– Ligar dez blogues máis que, segundo o meu criterio, valen a pena. 

Partindo de que non se lle pode devolver o premio a quen cho concedeu, aí vai a miña escolla dos meus imprescindibles por orde alfabética:
  • Brétemas – Porque o de Manuel Bragado é moi cómodo como axenda de actualidade.
  • Caderno de lingua – Porque o de Román Landín é un dos mellores blogs de lingua e literatura galegas.
  • Capítulo Cero – Porque o de Manuel Gago é o  blog do que me encantaría ser autora.
  • Ies Ou Non Ies – Por aquilo da endogamia de nos mirar o embigo docente e polos outros contidos que, se cadra, aínda o fan máis interesante.
  • Leandro Lamas – Porque me gustan todos os seus cadros, porque velos é sorrirlle á vida.
  • Prolingua – Porque neste blog se poden atopar algunhas das máis atinadas reflexións na rede sobre a situación lingüística.
  • Son de poetas – Porque me gustan os blogs especializados, e máis en concreto este de Xoán Díaz, pola súa forma de ir recompilando moi de vagar esas xoias de mestura entre música e literatura.
  • Trafegando ronseis – Por moitos motivos pero sobre todo polos seus recursos de publicidade.

*Engado entre os imprescindibles tres Planetakis que por non ser bitácoras individuais non poden recibir o agasallo pero que ben que o merecen:

 ________
Xa que vai de agradecementos hoxe, quero aproveitar para saudarvos aos que seguides este blog que non é outra cousa que unha forma de ter organizada información que doutro xeito iría perdendo nos cartafoles do ordenador e, o que creo que é máis importante, compartíndoa.
Grazas tamén a tod@s @s que me estades enviando materiais sobre lectura (guías de lectura, etc.).
Anímovos a que compartades esas producións que facedes para a vosa aula, ou na biblioteca, ou no ENDL do voso instituto e que só quedan para vós. É importante que as exportedes, que crucen a fronteira do particular ao público para que todos aforremos tempo e esforzos, que non están as cousas para estar malgastando forzas en cousas xa feitas por outros. Ademais, compartir é unha forma de atopar persoas cos nosos mesmos intereses e liñas de traballo, dígovolo por experiencia.
E, coma sempre, aquí estamos para o que precisedes.
Saúdos.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA