Flocos é un produto de AGADIC realizado pola empresa A navalla suíza, o seu desenvolvemento comezou o 12 de setembro de 2008 e axiña se converteu nun proxecto exitoso. Un sitio web de vídeo con máis de 360 películas realizadas por creadores e creadoras de Galicia, desde 1931 ata agora. En tan só 27 meses de existencia, funcionaba como unha rede social para cineastas e afeccionados, e tiña máis de 1800 membros rexistrados.

Podemos ver o gráfico de visitas, máis datos relacionados coa audiencia aquí, onde é posible observar como sorprende o mantemento dun número de visitas importante malia o abandono da páxina nos últimos tempos:




Esta iniciativa recibiu o premio Mestre Mateo 2008 á mellor obra interactiva, abonda con ver o vídeo.


Coa chegada do goberno presidido por Feijoo a web deixou paulatinamente de incorporar novidades e ultimamente non tiña actualización ningunha.


En febreiro de 2010 Ozo Perozo creaba un grupo en Facebook pedindo a reactivación da páxina e en maio de 2010 o responsable de Medios da Xunta, Cabaleiro, afirmaba que o site seguiría en funcionamento incorporada nun novo portal pero a realidade é que neste momento flocos.tv deixou de existir.

Na web de AGADIC pódese ler:


A Axencia Galega das Industrias CulturaisAGADIC– bota a andar en xuño de 2008 como axencia pública autonómica adscrita á Consellería de Cultura. Ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, cooperando na achega de factores produtivos, no fomento da oferta de bens e servizos e na asignación de ingresos suficientes e estables, tal e como establece a súa lei creación (Lei 4/2008, do 23 de maio).


A AGADIC substitúe ao Instituto Galego das Artes Escénicas (IGAEM) e, a diferenza deste, non restrinxe a súa actuación a un sector específico, senón que engloba a totalidade das actividades culturais e artísticas desenvolvidas por creadores individuais, empresas e industrias culturais.

Fins da AGADIC

  • Garantir o progreso da cultura galega, e nomeadamente a normalización e o impulso do idioma galego como medio para protexer e fomentar a identidade cultural de Galicia, o desenvolvemento social, o crecemento económico e o diálogo intercultural
  • Impulsar a participación, consolidación e cooperación das empresas e profesionais na produción, creación, conservación, difusión e comercialización do patrimonio cultural galego, nun mercado dinámico, sustentable e plural que fomente a participación cidadá e remova os obstáculos que poden dificultar o acceso á cultura, especialmente dos colectivos menos favorecidos.
Flocos non era sitio web máis, ademais dunha páxina de cine, era un impresdindible e insubstituible material pedagóxico e un lugar común onde toda a cidadanía podía gozar do patrimonio filmográfico galego. Do mesmo xeito que non consentiriamos que queimasen a fachada do Obradoiro furtándolla aos nosos ollos, non deixemos que nos furten un patrimonio filmográfico ao que non poderemos acceder doutro xeito. Fala coa túa administración e transmítelle o que para ti significa esta gran perda, pregunta onde vai o noso cine e esixe o retorno do cine galego á túa pantalla, esixe a volta de Flocos.tv á rede! 

AGADIC
Rúa de Vesada s/n, San Lázaro. CP. 15703 – Santiago de Compostela
Teléfono: 981 577 126 / 981 577 128
Fax: 981 577 127
Correo: agadica r r o b axunta.es

_____________________

Tamén falan do tema:
A Nosa Terra
El voto con botas
Caderno de Lingua
Carta Xeométrica
Chuza
La Voz de Asturias
Público

SEN COMENTARIOS

  1. Querida Profa Pilar. Gracias polo teu blog. Permitinme utilizar parte do teu texto nunha nova páxina que intenta mobilizar á xente pola recuperación de Flocos.tv. E usar a túa folla para ilustrar a sección de enlaces relacionados.
    Este é o enderezo da páxina, que se titula QUEREMOS FLOCOS.TV:
    http://www.blogoteca.com/queremosflocostv/index.php

    Un saúdo, e gracias.

    Vicente Montoto

DEIXAR UNHA RESPOSTA