A medida que imos ampliando o vocabulario, imos enchendo o noso Banco de palabras, onde apuntamos nunha tarxetiña a palabra do día salientando a inicial e logo gardámola no caixón correspondente. Sérvenos, ademais, para ir familiarizándonos coa orde alfabética. Ademais, no tempo de xogo, poden collelas e entreterse: buscan a palabra máis longa, a que máis vogais ten, contan cantas hai de cada inicial, van practicando o concurso… Cando non recordan significados buscan no dicionario virtual da páxina do portal.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*