De seguido veredes unha palabra ben feita realizada por dúas alumnas de 3ESO que só teñen pendente modificar a imaxe por outra máis grande.
A continuación tedes destacados os principais puntos nos que estades a ter problemas na entrega dos traballos

ACOUGO
Definición:
Substantivo masculino
Estado de quen está tranquilo física ou moralmente.
Non ten acougo entre tantas preocupacións.
Orixe:
Esta palabra deriva de acougar, que ten orixe latina, ben no verbo cubare ‘asentar’, ben en collocare ‘poñer unha cousa no seu lugar’, engadíndolles o prefixo ad.
Usos na actualidade:
A palabra “acougo” tamén se utiliza en sentido figurado como estado do que non se move ou parece que non se move (p.ex. Observaba desde as rochas o mar sen acougo) ou co significado de parada no traballo (exemplo: a noite é tempo de acougo).
Frases feitas:
Non acougar en ningures/non ter acougo: non ter descanso.
NOTA: estas frases feitas refírense ao significado de “parada no traballo”, non ao de “estado de quen está tranquilo física ou moralmente).
Familia léxica:
acougar, desacougadamente, desacougado/a, desacougante, desacougar, desacougarse, desacougo
Sinónimos:
alivio, calma, descanso, sosego, tranquilidade
Antónimos:
desacougo, desasosego, inquietude
Palabra noutros idiomas:
Castelán: tranquilidad
Catalán: tranquil•litat
Éuscaro: laisatasun
Francés: tranquilité
Inglés: calmness
Portugués: acougo
Curiosidades:
Asondas Alfa son ondas cerebrais que xunto coas ondas Beta, Theta e Delta forman parte das respostas eléctricas do noso cerebro. De entre estas catro, as ondas Alfa son quizais as máis desexables de ter na nosa actividade cerebral, porque se comprobou que cando o cerebro se atopa en estado de tranquilidade e paz, especialmente nese momento antes de durmir, se xeran ondas Alfa.
ALGUNHAS CUESTIÓNS DE AXUDA
Tipo de letra: Arial
Tamaño: 20 (no título), 14 (na palabra), 12 (no resto)
Estilo: en negra (TÍTULO DO TRABALLO, PALABRA e Título de sección), o resto en redonda.
Cando hai varios autores sóense colocar os seus nomes por orde alfabética do apelido.
As seccións irán precedidas de liña en branco e seguidas de dous puntos. Comezarase a escribir o seu contido debaixo do nome da sección.
Definición:
Orixe:
Usos na actualidade:
Frases feitas:
Refráns:
Sinónimos:
Antónimos:
Familia léxica:
Palabra noutros idiomas:
Castelán:
Catalán:
Éuscaro:
Francés:
Inglés:
Portugués:
Curiosidades:

* Só se cubrirán aqueles apartados dos que teñamos datos.

Definición:
Na definición simplemente tedes que copiar a do dicionario da RAG que podedes consultar na web da RAG ou no Portal das Palabras.
Refráns:
Para atopar refráns podemos buscar no Refraneiro Galego de Taboada Chivite facendo unha procura pola palabra que queremos atopar.
Familia léxica:
Para atopar a familia léxica dunha palabra temos que facer unha busca avanzada no dicionario.
Imos ao apartado contén da busca avanzada e alí escribimos o lexema da palabra p.ex. para buscar a familia léxica da palabra “acougo” escribiriamos o lexema “acoug” e como resultado veriamos as palabras que conteñen esa secuencia. Hai que ter en conta que nalgúns casos tamén nos poden aparecer palabras doutras familias léxicas que non teñan nada que ver. Deberemos ser nós os que seleccionemos as correctas.
Palabra noutros idiomas:
Fixádevos que a palabra noutros idiomas vai en redonda o idioma seguido e dous puntos e logo a palabra en cursiva.
Curiosidades:
Todas as palabras deben ter apartado de curiosidades, é aquí onde deberedes investigar ata dar con información que relacione a vosa palabra con outras cuestións de interese.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*