Comezamos a lectura colectiva de Cousas de Castelao co texto O pai de Migueliño.

Como xa vimos na aula, unha das características da prosa de Castelao é a súa facilidade para recrear escenas e ambientes. Isto fai que os seus textos se presenten como ideais para a súa adaptación ao cine.
Como exemplo disto, velaquí tedes a curtametraxe realizada por Miguel Castelo hai case xa 40 anos! (en 1977) sobre esta tan fermosa como crúa Cousa do autor de Rianxo.


  • Que lle engade Miguel Castelo ao texto orixinal? Que significado ten para a historia?
  •  Agora tócache a ti darnos a túa interpretación dun texto do libro de Castelao. Para comezares deixa un comentario nesta entrada reservando o texto que elixiches e indicando a túa aula (por exemplo: “Chamábanlle a Marquesiña” 4C). Lembrade que en cada aula non se poden repetir os textos.

44 COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA