As funcións das delegadas e delegados de grupo aparecen recollidas no Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria.
Artigo 114º.
Corresponde aos delegados de grupo:
a) Asistir ás reunións da xunta de delegados e participar nas súas deliberacións.
b) Expoñer ás autoridades académicas as suxestións e reclamacións do grupo ao que representan.
c) Fomentar a convivencia entre os alumnos e alumnas do seu grupo.
d) Colaborar cos profesores e profesoras e co equipo directivo do instituto para o seu bo funcionamento.
e) Coidar da adecuada utilización do material e das instalacións do instituto.