Se non che vai a túa conta de correo debes facer o seguinte:

1 – Comproba que estás inserindo ben o teu nome e apelidos e @iespobra.com

2 – Se tes nome composto escribe os dous nomes.

3 – Se o teu nome ou apelidos conteñen a grafía ñ representa este fonema mediante o dígrafo internacional nh.

4 – Proba co contrasinal 12345678 ou Pobra2019.

5 – Se fixeches os pasos 1, 2, 3 , 4 e segues sen poder acceder á túa conta. Envíame un correo a pilarponte@iespobra.com

Podes envialo dende outra conta de correo túa, doutro membro do alumnado ou dos teus proxenitores.

Nese correo escribe no asunto: Resetear a conta de correo XXXX@iespobra.com

6 – Cando reciba o teu correo, eu avisarei para que cho reseteen e cando te avise de que está reseteado deberás entrar nel co contrasinal 12345678 e a continuación escribir un contrasinal que non vas perder.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA