Un recurso moi utilizado na creación de carteis é a recreación de obras artísticas previas dándolles unha nova significación.

Recrear unha obra artística non consiste en copiala, senón en retomala e engadirlle novas perspectivas á súa interpretación.

A continuación tes exemplos de carteis sobre violencia de xénero realizados por estudantes coma ti que se basean na recreación de obras artísticas, para que poidas ver a diferenza amosámosche tamén a obra na que se basearon.

– Carteis baseados na obra O matrimonio Arnolfini de Van Eyck.


– Cartel baseado na obra O cuarto de Van Gogh.


– Cartel baseado no cadro Moza na ventá de Dalí.


– Cartel baseado na Venus do espello de Velázquez.

– Cartel baseado no cadro As señoritas de Avignon de Picasso.

– Cartel baseado no cadro de Velázquez As Meninas.

Mais non sempre o cartel ten por que reproducir toda a obra, senón que ás veces pode simplemente tomar dela algún elemento. Isto é o que acontece no seguinte cartel que incorpora na súa confección unha das figuras do Guernika de Picasso, máxima representación dos desastres da guerra dentro do mundo pictórico.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA