[Ourense, construción da Ponte Nova sobre o Miño na primeira década do século XX.]

As dificultades das vangardas en tempos de construción
van ser evidentes. Contamos con escritores vangardistas mais a cultura galega naquela altura estaba en fase de consolidación. As Irmandades da Fala, a Xeración Nós, o Seminario de Estudos Galegos traballaban na mesma dirección de lle ofreceren á sociedade galega o que Risco había definir como “crear de hoxe para sempre a cultura galega”.

Outro elemento que vai condicionar o desenvolvemento dos movementos de vangarda no noso territorio é o descubrimento dos cancioneiros medievais que abren unha vía para a creación dunha poética de lexitimación cultural.

Neste contexto intelectual é doado entender que os experimentos vangardistas tivesen pouca aceptación ou mesmo o rexeitamento de persoeiros como Castelao que defendían a prioridade de establecer os alicerces dunha cultura galega normalizada. Vai ser este o camiño que guíe a obra de autentificación nacional de autores como Ramón Cabanillas.

Como un primeiro achegamento á introdución das vangardas en Galicia vas coñecer dous textos iniciadores das novas formas.

U…ju ju… de Vicente Risco

Neve de Euxenio Montes

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*