Hoxe vía Twitter tiven constancia de ver o meu primeiro “viral”. É este:

“O concepto marketing viral, e por extensión, “viral” como produto dese tipo de marketing, é un termo empregado para referirse ás técnicas de marketing que intentan explotar redes sociais e outros medios electrónicos para producir incrementos exponenciais en “renome de marca” (Brand Awareness), mediante procesos de autorreplicación viral análogos á expansión dun virus informático. Adoita basearse no boca a boca mediante medios electrónicos; usa o efecto de “rede social” creado por Internet e os modernos servizos de telefonía móbil para chegar a unha gran cantidade de persoas rapidamente.” (Adaptado da Wikipedia).

Desde logo neste caso funciona, segundo avanza o vídeo pasas a sorrir para rematar rindo abertamente con independencia da análise da mensaxe do viral en si mesmo.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*