Despois de ler a magnífica Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega coordinada por Blanca-Ana Roig Rechou preguntábame como elixir uns poucos títulos ao ano entre tanta produción. Acordeime dun post de febreiro de 2007 no que Francisco Castro lle preguntaba ao público do seu blog que 8 libros galegos crían que había que ler antes de morrer, en menos dun mes publicaba unha listaxe de cinco obras saída desa votación.
Máis de oito anos despois, gustaríame que me axudases a escoller.
Que 8 libros galegos cres que hai que ler antes de morrer?

SEN COMENTARIOS

  1. Follas Novas, de Rosalía
    A esmorga, de Blanco Amor
    O porco de pé, de Risco
    Cousas, de Castelao
    Livro das devoracións, de Pilar Pallarés
    Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas
    O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila
    A lúa da colleita, de Anxos Sumai
    Dime algo sucio, de Diego Ameixeiras
    Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño
    Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz

  2. Aínda que son máis de 8, aí vai a miña proposta:
    Follas novas
    O porco de pé
    Cousas
    De catro a catro
    Calquera de Cunqueiro
    Memorias dun neno labrego
    A esmorga
    Ilustrísima
    Amor de Artur ou Arraianos
    Longa noite de pedra
    Con pólvora e magnolias
    Polaroid
    En salvaxe compaña
    Criminal (ou Arte e parte)
    Breve crónica universal da clase obreira
    Herba moura
    Dime algo sucio
    O único que queda é o amor
    As rulas de Bakunin
    Blúmsdei…

    Saúdos (tamén a Mar H.) dende Vigo.

  3. Grazas pola vosa participación.
    Tampouco imos ser tan estritos no número, cada quen que poña os que queira, o importante é saber das vosas preferencias lectoras para os demais.

  4. Moi boa idea, Pilar!
    Pero imposible para min reducir a miña lista a 8 libros. Levo todo este curso dándolle voltas ás lecturas que o alumnado galego debería ter feito ao saír do instituto (aos 18 anos). Non dou baixado de 30 e quero reducila a 18, tres por ano era o que eu quería…

  5. Aires d'a miña terra, de Curros
    Longa noite de pedra, de Celso Emilio
    Os dous de sempre, de Castelao
    A fiestra baldeira, de Dieste
    Xente de aquí e de acolá ou Escola de menciñeiros, de Cunqueiro
    Scórpio, de Ricardo Carvalho Calero
    Con pólvora e magnolias, de Méndez Ferrín
    Non vexo Vigo nin Cangas ou Se o noso amor e os peixes, de Bernardino Graña

    (E xa non é de incluír, porque obviamente, os Cantares gallegos de Rosalía)

  6. Cousas de Castelao.
    Algo de Carlos Reigosa: Crime en Compostela.
    Algo de Diego Ameixeiras: Dime algo sucio.
    Algo de Pedro Feijóo e de Manolo Rivas.Amor de tango de María Xosé Queizán. O Crepúsculo e as formigas d Méndez Ferrín.

  7. A memoria de chuvia, de Pedro Feijoo.
    Escarlatina, de Ledicia Costas
    A rapaza da fiestra, de Xavier Estévez
    O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro
    No corazón do bosque, de Agustín fdez. Paz
    Sol de inverno, de Rosa Aneiros
    Tres segundos de memoria, de Diego Ameixeiras
    O xardín das pedras flotantes, de Manuel Lourenzo

  8. Sempre en Galiza
    A esmorga
    Merlín e familia
    As rulas de Bakunin – Riveiro Coello
    Informe da Gavilla – Vítor Vaqueiro
    O porco de pé
    Anxos de garda – Anxos Sumai
    Memorias dun neno labrego

Deixa una resposta a olgalalin Cancelar a resposta