Materia que se vai avaliar no control:
1. Tipos de texto traballados no curso.
2. Léxico do curso ata ese día.
3. Cuestións de lingüística.
Nas preguntas de lingüística poderán realizarse cuestións como as seguintes:
- Que é unha variedade dialectal ou dialecto?
- En que se diferencia unha lingua dun dialecto?
- Todas as linguas teñen dialectos? Xustifica a túa resposta.
- Explica as diferenzas entre lingua e dialecto utilizando as seguintes palabras e expresións: linguas románicas, latín, galego, castelán, italiano, éuscaro e portugués.
- Cales son os bloques dialectais do galego? Que territorios abrangue cada un deles?
- Que trazos caracterizan as falas do bloque occidental? Onde podemos atopalas?
- Que áreas dialectais existen no bloque occidental? Indica dúas características lingüísticas de cada unha delas?
- Que trazos caracterizan as falas do bloque central? Onde podemos atopalas?
- Que trazos caracterizan as falas do bloque oriental? Onde podemos atopalas?
- Cantas linguas existen neste momento do mundo? En cantos Estados se distribúen? Cantas linguas están en perigo de desaparición a curto ou medio prazo? A que fai referencia a expresión “diversidade lingüística”?
- Explica os conceptos Estado monolingüe e Estado plurilingüe e sinala exemplos deles.
- Que teñen en común o multilingüismo e o plurilingüismo? A que se refire o multilingüismo? A que se refire o plurilingüismo? Poden ser simultáneos multilingüismo e plurilingüismo? Xustifica a túa resposta.
- Cantas linguas autóctonas se falan no Estado español? Cales son?
- Onde se fala o galego? Cantos falantes se estima que ten o galego? Cantos deles están no territorio galego? Cal é o seu recoñecemento legal?
- Onde se fala o catalán? Cantos falantes se estima que ten o catalán? Cal é o seu recoñecemento legal?
- Onde se fala o éuscaro? Cantos falantes se estima que ten? Cal é o seu recoñecemento legal?
- A que fan referencia os conceptos “lingua maioritaria” e “lingua minoritaria”?
- Sinala as diferentes situacións en que se pode atopar unha lingua en función do seu recoñecemento legal.
- Cales son os principais cambios sociais en Galicia a finais do século XX?
- Que sinala en canto á lingua a Lei Xeral de Educación? De que ano é?
- Que sinala en canto á lingua o Decreto de 1975?
- Que sinala en canto á lingua a Constitución Española? De que ano é?
- Que sinala en canto á lingua o Estatuto de Autonomía de Galicia? De que ano é?
- Que sinala o artigo 5º, 3 do Estatuto de Autonomía de Galicia?
- Que sinala en canto á lingua a Lei de Normalización Lingüística? De que ano é?
- A que se refiren as expresións “uso normal” e “uso oficial” do galego?
- Que 3 elementos deben conxugarse para que se dea a normalización?
- Que establece a Lei de Normalización Lingüística en relación ao ensino do galego?
- Que é o estándar lingüístico?