O mundo está cheo de linguas, ímonos achegar ao estudo da diversidade lingüística a través de diversas actividades:

Solucionamos en grupo

Cada grupo terá unha sesión de aula para completar o máximo número de actividades da seguinte unidade didáctica.

Diversidade_lingüística

Normas:

  1. Cada grupo disporá de dous ordenadores como máximo.
  2. Deberán realizar as actividades na seguinte orde e avisar ao termo de cada unha das actividades: 1 – Termos de sociolingüística; 2 – Aforcado 1; 3 – Momento e lugar; 4 – De linguas e mapas; 5 – Aforcado 2.
  3. As persoas que manexen o ordenador non poderán falar.

 

Solucionamos individualmente

Para o luns 5 de xuño cada persoa deberá:

1) Realizar a actividade “A diversidade en gráficos” da anterior unidade.

2) Inventar no seu caderno unha oración cos seguintes termos e expresións aplicados ás linguas: monolingüe, lingua minorizada, lingua cooficial, lingua inicial, transmisión xeracional, neofalante, galegofalante, lingua maioritaria, lingua minoritaria. Para iso poderá consultar a seguinte unidade.

falo_galego_diversidade

3) Contestar no seu caderno as seguintes preguntas:

  1. Que é o galego?
  2. Onde se fala galego?
  3. Que linguas se falan na Península?
  4. Que linguas das que se falan na Península non teñen a consideración de linguas oficiais?
  5. Na Península teñen a mesma consideración legal todas as linguas oficiais? Xustifica a resposta.

Exposición das linguas do mundo

Cada grupo terá que realizar unha exposición conxunta das linguas dun continente. As exposicións teñen que cumprir os seguintes requisitos:

1 – Teñen que expoñer todas as persoas do grupo, cada integrante deberá falar un mínimo de dous minutos.

2 – Cada grupo pode utilizar os materiais que considere oportuno pero que ha de facilitar o propio grupo.

3 – Ao rematar a exposición o público ha de ter unha visión xeral da situación lingüística do continente asignado.

4 – A asignación de continentes (África, América, Asia, Europa, Oceanía) realizarase por sorteo en cada aula.

5 – As exposicións realizaranse na aula en 2 días de clase que determinen os grupos tendo en conta que non exclúen exames, isto quere dicir que son traballos parciais e que poden coincidir con exames doutras materias.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA