Todos os exercicios desta práctica están pensados para ser escritos en folios en branco á man.

Para realizar esta práctica podes clicar sobre as imaxes das diferentes partes da publicación para velas en grande na túa pantalla.

1_23_sublinado4_sublinado

5_sublinado

1. Cal é o tema deste artigo? Resume o contido do texto en 3 ideas (máximo unha liña por idea).

2. Inventa outro título para o artigo.

3. Substitúe cada unha das palabras subliñadas en violeta por outra que se poida utilizar no mesmo contexto.

4. Inventa unha oración (que poida aparecer nun xornal e non teña menos de 10 palabras) coas palabras subliñadas en azul.

5. Xustifica a aparición ou ausencia de acento gráfico nas palabras encadradas en laranxa.

6. Fíxate agora nos subliñados en verde.

– Que significa a @ na palabra “tirad@”? Coñeces algunha outra forma de indicar o mesmo?

– Que tipo de palabra é “cía.”?

– Neste contexto “firma” non fai referencia a “sinatura”, a que se refire?

– Sabes que é un neoloxismo? E un “estranxeirismo”? Poderías localizar algúns no texto? Coñeces o seu significado en galego?

– Que é un pantalón de tiro baixo?

– “Crecente” é un adxectivo que empregamos tamén ao falarmos da Lúa, saberías dicir cales son as fases do satélite da Terra?

– Que é “o perfil” nunha rede social?

– A expresión latina “Mens sana in corpore sano” pertencía a un poema de Xuvenal, poeta latino do século I, e fíxose moi famosa chegando ata a actualidade. Saberías explicar o seu significado?

– Que prendas de roupa se citan no artigo? (non aparecen subliñadas en verde, tes que atopalas ti)

7. Realiza no teu caderno a constelación léxica das palabras “roupa” e “vestir”.

8. Que pensas ti da moda? Cres que a moda está ao servizo das persoas ou as persoas ao servizo da moda? Expresa a túa opinión e ofrece como mínimo tres argumentos para defendela.

9. Os contidos desta revista teñen licenza compartida? Segundo a licenza de uso podemos copiar os seus contidos? No caso de resposta afirmativa, que teriamos que facer para utilizalos? Esta licenza permítenos modificar o texto ou as imaxes?

10. O artigo remata coa indicación da autoría. Quen escribiu o artigo? Que marca a barra / que aparece na autoría? De onde proceden as fotografías que aparecen? Que significan as arrobas que aparecen na autoría?

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA