Tes unha semana para desenvolver a seguinte práctica, para iso sigue as instrucións:

1. (alumnado de ITI) Cantas seccións podes atopar nesta revista? Cales son? Podemos atopar nela información sobre tecnoloxía? Onde? Teñen publicado algún artigo que fale sobre a caligrafía?

2. (alumnado de ITI) Cando naceu esta publicación? Que cres que significa a expresión “revista de tendencias”? Consideras que é unha revista moderna? Interésache esta temática?

  • A partir de aquí continúa analizando o artigo aquí a partir das capturas de pantalla.

1_23_sublinado4_sublinado

5_sublinado

3. Cal é o tema deste artigo? Resume o contido do texto en 3 ideas (máximo unha liña por idea).

4. Substitúe cada unha das palabras subliñadas en violeta por outra que se poida utilizar no mesmo contexto.

5. Inventa unha oración (que poida aparecer nun xornal e non teña menos de 10 palabras) coas palabras subliñadas en azul.

6. Xustifica a aparición ou ausencia de acento gráfico nas palabras encadradas en laranxa.

7. Fíxate agora nos subliñados en verde.

– Que significa a @ na palabra “tirad@”? Coñeces algunha outra forma de indicar o mesmo?

– Que tipo de palabra é “cía.”?

– Neste contexto “firma” non fai referencia a “sinatura”, a que se refire?

– Sabes que é un neoloxismo? E un “estranxeirismo”? Poderías localizar algúns no texto? Coñeces o seu significado en galego?

– Que é un pantalón de tiro baixo?

– “Crecente” é un adxectivo que empregamos tamén ao falarmos da Lúa, saberías dicir cales son as fases do satélite da Terra?

– Que é “o perfil” nunha rede social?

– A expresión latina “Mens sana in corpore sano” pertencía a un poema de Xuvenal, poeta latino do século I, e fíxose moi famosa chegando ata a actualidade. Saberías explicar o seu significado?

– Que prendas de roupa se citan no artigo? (non aparecen subliñadas en verde, tes que atopalas ti)

8. (alumnado de ITI) Os contidos desta revista teñen licenza compartida? Segundo a licenza de uso podemos copiar os seus contidos? No caso de resposta afirmativa, que teriamos que facer para utilizalos? Esta licenza permítenos modificar o texto ou as imaxes?

9. (alumnado de ITI) O artigo remata coa indicación da autoría. Quen escribiu o artigo? Que marca a barra / que aparece na autoría? De onde proceden as fotografías que aparecen? Que significan as arrobas que aparecen na autoría?

10. [ESTA ACTIVIDADE ESTÁ PARADA TEMPORALMENTE] Convírtete agora ti en creadora ou creador de tendencias e realiza a túa propia reportaxe de moda comentándonos que consideras que debemos poñernos para ir á moda este inverno.

– Na túa reportaxe non esquezas incluír: titulo, subtítulo, fotografías, autoría e licenza. Os textos deberán ser orixinais e non poderán estar copiados de ningunha outra publicación. Se as fotografías non son túas deben permitir a súa reprodución e deberás indicar a súa procedencia.

– Crea a túa reportaxe nun documento de texto chamado identificación_moda_borrador. Cando o vaias gardar fai o seguinte, primeiro gárdao en formato de documento de texto (.odt / .docx. / .doc ou semellante) e despois gárdao tamén en formato .pdf e envía os dous arquivos. Non esquezas pasarlle o corrector ortográfico nin ler o texto varias veces.

– Realiza a entrega por correo enviándoo a pilarponte@iespobra.com nunha mensaxe que teña como asunto identificación moda borrador.

– Despois imprímeo e lévao á clase o xxx de es de 1B e 1C e o xxx se es de 1D onde terás a oportunidade de que o teu grupo te axude coa túa reportaxe.

– Agora chegou o momento en que mellores a túa produción coas recomendacións do teu grupo e realices a versión definitiva para que saia impresa na revista. Crea a túa reportaxe nun documento de texto chamado identificación_moda_definitivo. Cando o vaias gardar fai o seguinte, primeiro gárdao en formato de documento de texto (.odt / .docx. / .doc ou semellante) e despois gárdao tamén en formato .pdf e envía os dous arquivos a pilarponte@iespobra.com nunha mensaxe que teña como asunto identificación moda definitivo antes das 20:00 do xxx.

*Lembrade que a norma do departamento establece que non se recollerá ningún traballo fóra de prazo e que a non presentación equivale a unha cualificación de 0 na proba.

– Con todos os artigos crearemos o primeiro número da revista de tendencias do instituto, andamos a buscar nomes para esta publicación, se tes algunha suxestión, envíaa a pilarponte@iespobra.com nunha mensaxe que teña como asunto identificación nome revista e sinala as túas propostas no seu interior. Despois realizaremos unha votación entre todas as propostas que nos cheguen.

AGRADECEMENTOS: Quero expresarlle o meu agradecemento á redacción de Coolt por me ter permitido utilizar os contidos da súa publicación para a creación deste material.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA