“Falar” é un relato contido na obra Made in Galiza de Séchu Sende publicado por Editorial Galaxia.
1. Cales cres que poden ser as razóns dos pais de Clara para lle falaren diferente?
- Na túa casa falades todos a mesma lingua?
- E os teus avós, en que lingua falan? E os teus bisavós?
- Todos falan sempre a mesma lingua ou ás veces cambian?
- Cando se producen eses cambios?
- En que lingua se lles fala aos nenos na túa familia?
- Se na túa familia os maiores falan entre eles en galego e lles falan castelán aos fillos, por que cres que os maiores fan iso?
2. Segundo Clara, falar facilita moito as cousas.
- Cres que facilita igual as cousas falar en galego ca en castelán? Por que?
- Exemplifica as túas argumentacións con casos concretos.
3. Clara di que “quere practicar” e que “ten medo” de que cando vaia falar por primeira vez lle saia mal.
- Cres que estes dous tipos de temores son comúns aos neofalantes?
- Que lle dirías ás persoas que afirman que non se lanzan a falar galego porque cren que o fan mal e porque teñen medo á reacción dos demais?
4. Que punto de vista adopta o narrador en primeira persoa no texto?
- Que vantaxes ofrece este punto de vista?
- Se Clara puidese decidir, que cres que decidiría?
5. As nosas ideas sobre as linguas.
- E ti que pensas das linguas?
- Que linguas che caen ben? Hai algunha lingua que che resulte antipática?
- É o francés é a lingua do amor?
- É o alemán a lingua da guerra?
- Tes algunha crenza asociada a algunha lingua?
6. As linguas que nos emocionan. Cres que podemos relacionar as linguas coas emocións? Xustifica a túa resposta.
*Algunhas destas actividades foron publicadas por primeira vez na guía Lendo made in Galiza realizada por Pilar Ponte para a AELG.